Participa na plataforma de innovación
A Plataforma de Innovación é unha iniciativa que pon a túa disposición unha ferramenta transversal que ten por obxectivo promover a participación da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde en proxectos de innovación e xestionar os resultados dos mesmos. Presentámosche unha ferramenta para que ti, profesional, participes na ideación e implantación de melloras que contribúan a facer que os servizos que prestamos sexan máis eficaces e eficientes. Esto é innovación centrada no paciente.
Inscríbete como profesional innovador, cubre o mapa de capacidades
Ti eres o protagonista. Se queres estar dispoñible a participar en proxectos de innovación, indícanos os teus coñecementos e habilidades. Propón unha idea de mellora
Se crees que se pode mellorar o teu servizo, podes presentar a túa visión aqui mesmo. Valoraremos tódalas ideas e en base a elas xeraremos accións dirixidas á mellora de tódolos servizos. Presentación da plataforma
Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria
Descobre o lugar onde os profesionais comparten a infomación de maneira multimedia, para mellorar e aprender con coñecemento práctico e inmediato.