Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

¡¡¡Deixa de fumar a partir do 19 de maio e gañarás saúde e a posibilidade de viaxar a lugares marabillosos!!!


"Déixao e Gaña 2010" é un concurso para deixar de fumar, no que poden participar as persoas maiores de 18 anos, que fuman a diario dende fai polo menos 1 ano.

Participar no concurso Déixao e Gaña é moi sinxelo

As persoas fumadoras comprométense a non fumar durante polo menos 4 semanas (do 19 de maio ó 16 de xuño), nomean a unha ou dúas persoas que actuarán coma testemuñas e participan no sorteo de importantes premios.

As persoas non fumadoras que nunca fumaron ou o deixaron (ex fumadores), tamén poden participar. Actuarán como testemuñas ou persoas de apoio dos concursantes fumadores. Pódese ser testemuña de varias persoas fumadoras. Cantas máis persoas animes a participar máis posibilidades terás de gañar un premio.

 


Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia