Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Funcións do Servizo Galego de Saúde


As estratexias do Servizo Galego de Saúde van encamiñadas a:
  • Optimizar os dispositivos asistenciais integrados nela, mediante a distribución equitativa dos recursos económicos afectos ao financiamento dos servizos e prestacións de asistencia sanitaria de cobertura pública, mediante a dobre función de compra e provisión de servizos sanitarios, que se exercerán de forma separada
  • Garantir os dereitos da cidadanía
  • Modernizar e humanizar o Sistema Público de Saúde de Galicia, incorporando modelos de xestión que o dinamicen
  • Promover a continuidade asistencial mediante unha organización centrada no paciente como base para asegurar a calidade da asistencia, que supere a tradicional separación entre a atención primaria e a atención especializada e que abranga a atención socio - sanitaria, integrando todas as modalidades asistenciais de atención ao usuario
  • Introducir fórmulas organizativas cunha visión lonxitudinal e integradora dos procesos asistenciais baseada na continuidade da atención sanitaria, co fin de acadar a coordinación, colaboración e cooperación de todos os provedores públicos, tendo como centro de atención o paciente, ao cal se lle deben garantir unha calidade obxectiva e uns tempos de atención axeitados
Baixo a tutela da Consellería de Sanidade, desenvolve as funcións seguintes:
  • A prestación de asistencia sanitaria a través dos centros, servizos e establecementos da rede galega de atención sanitaria de utilización pública
  • A distribución dos recursos económicos necesarios para financiar as actividades asistenciais prestadas polos mesmos
  • O goberno, a dirección e a xestión dos centros, servizos e establecementos sanitarios propios ou adscritos ó Servizo Galego de Saúde
  • A coordinación e a xestión dos recursos humanos, materiais e financeiros asignados
  • A execución e o desenvolvemento de programas de docencia e investigación

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia