A Consellería de Sanidade garante a calidade dos servizos sanitarios a través de diferentes medidas e actuacións.
A inspección sanitaria é unha delas; a grandes liñas o seu ámbito de actuación é o seguinte:
- Dereitos e deberes da cidadanía e pacientes.
- Queixas e reclamacións dos usuarios sobre centros e prestacións sanitarias.
- Responsabilidade patrimonial.
- Inspección da xestión de listas de espera.
- Xestión das prestacións en materia de asistencia sanitaria e prestación farmacéutica.
- Auditorías do programa de garantía de calidade en materia de protección radiolóxica.
- Asistencia médico - farmacéutica dos servizos de prevención de riscos laborais das empresas.
- Control de centros, servizos, establecementos e prestacións sanitarias e farmacéuticas de titularidade pública ou privada.
- Acreditación de centros, establecementos e servizos sanitarios e sociosanitarios.
- Accidentes de traballo, enfermidades profesionais, incapacidade temporal, empresas colaboradoras coa Seguridade Social, mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, caixas de urxencia e servizos de prevención de riscos laborais das empresas.
- Procedementos disciplinarios de persoal sanitario.
- Control sanitario da incapacidade temporal.
- Auditorías docentes de acreditación -MIR a hospitais e unidades docentes doutras comunidades autónomas, en colaboración co Ministerio de Sanidade e Consumo.
- Informes e peritaxes extraordinarios a petición da autoridade competente.
A Inspección de servizos sanitarios é unha unidade administrativa que está a disposición da cidadanía en cada área sanitaria.