Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Accesibilidade


Estado actual de accesibilidade

O sitio web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ten o compromiso de garantir a accesibilidade dos seus contidos a todos os cidadáns en cumprimento do disposto pola Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, para os sitios web das Administracións Públicas. O sitio web adaptouse en base ás pautas de accesibilidade aos contidos proporcionadas pola WAI (Web Accesibility Initiative) organismo creado pola W3C (World Wide Web Consortium), para informar, investigar e fomentar o traballo na accesibilidade Web. A WAI estableceu tres niveis de accesibilidade, "A", dobre "A" e triplo "A" acadando cada nivel co cumprimento dunhas determinadas pautas ou principios. O sitio web da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde cumpre o nivel "A" de accesibilidade. Por outra parte, habilitouse unha nova categoría para accesibilidade na sección de suxestións, para que os usuarios teñan un acceso directo para realizar as suxestións, melloras e achegas que consideren axeitadas para mellorar a accesibilidade do sitio Web. Como excepción ao cumprimento das pautas de prioridade 1, existen algunhas funcionalidades do sitio Web, así como algunhas seccións de información. Isto é debido ben á utilización de código Javascript complexo, ben a que é información xerada por sistemas de xestión internos creados incluso antes da existencia do WAI (ver Liñas de Traballo sobre Accesibilidade).

Accións realizadas

Para acadar a adecuación ao nivel "A" de accesibilidade, realizáronse unha serie de accións, que implicaron a modificación da totalidade do sitio Web, que de xeito aproximado contén 700 páxinas dinámicas e 30.000 páxinas estáticas. As accións máis significativas pódense resumir en:
  • Incluír textos Descritivos no atributo "ALT" de todas as imaxes de todas as páxinas.
  • Revisar todas as táboas de datos identificando os encabezamentos de ringleira e columna.
  • Revisar as táboas de datos que teñen dous ou máis niveis lóxicos de encabezamentos de ringleira ou columna, utilizando marcadores para asociar as celas de encabezamento e as celas de datos.
  • Verificar que as páxinas sexan usables cando se desconectan ou non se soportan os scripts, applets ou outros obxectos de programación. Se isto non é posible, proporcionarase información equivalente nunha páxina alternativa accesible.

Liñas de traballo en accesibilidade

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde reforzarán as súas políticas de accesibilidade, tanto en alcance como en nivel de esixencia.En canto ao sitio web, os seguintes obxectivos da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde son:
  • Acceso a todas as aplicacións de servizos ofrecidos, buscando alternativas funcionais á utilización de Javascript para aqueles navegadores que non o permitan.
  • Accesibilidade nos contidos textuais, establecendo plantillas baixo os criterios de accesibilidade WAI, para a xeración dos contidos de todo o sitio web.
  • Alcanzar o nivel AA total de accesibilidade das pautas do WAI (Actualmente acadouse o nivel AA con algunhas excepcións sobre as que se está traballando)

Contacto

Calquera queixa, consulta ou suxestión de mellora sobre a accesibilidade deste portal, seranos facilitada por medio do formulario de Contacte connosco
Última revisión: 11/10/2011

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia