Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Qué es la FEGAS


A Escola Galega de Administración Sanitaria ten por obxecto o enriquecemento do capital humano dos servizos sanitarios mediante a súa capacitación a través da formación, innovación e excelencia, no ámbito das ciencias da saúde e da administración e xestión sanitaria. Entre os seus fins están:
FORMACIÓN CONTINUA:
Planificación e provisión da formación continuada en materia de administración e xestión sanitaria, sociosanitaria, saúde pública e asistencia sanitaria do persoal ao servizo da sanidade pública galega.
A programación e execución de programas de docencia e formación continua en colaboración con entidades e institucións públicas e privadas en materia de administración e xestión sanitaria, sociosanitaria, saúde pública e asistencia sanitaria.
AVALIACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS SANITARIAS:
As actividades relacionadas coa avaliación de novas tecnoloxías sanitarias nos termos que se conveñan coa Consellería de Sanidade, de conformidade coa súa planificación e as súas directrices.
INVESTIGACIÓN SANITARIA:
A execución da actividade relacionada coa investigación sanitaria nos termos que se conveñan coa Consellería de Sanidade e co SERGAS, de conformidade coa súa planificación e as súas directrices.
BOLSAS DE ESTUDOS:
Programación e financiamento das actuacións, bolsas e axudas á formación. O respecto aos principios de publicidade, concorrencia, mérito e capacidade informará a política de concesión de bolsas e axudas por parte da Escola.
PUBLICACIÓN:
A edición, realización e difusión de estudos e traballos de carácter científico e de toda clase de publicacións, periódicas ou non.
ASESORAMENTO:
O asesoramento que lle sexa solicitado por calquera entidade ou institución dependente das administracións públicas sanitarias de Galicia, así como por parte doutras entidades públicas ou privadas.
APOIO:
O apoio ás políticas que impulse a autoridade sanitaria galega, así como a difusión do seu coñecemento e a formación como instrumento da súa execución.
FONDO BIBLIOGRÁFICO:
A creación e xestión dun fondo bibliográfico e de documentación especializada no sector sanitario.
COLABORACIÓN:
A colaboración con institucións públicas ou privadas sobre calquera materia relacionada coa saúde, nos termos que se establezan nos correspondentes acordos ou convenios de cooperación.
REUNIÓNS CIENTÍFICAS:
A organización de congresos e reunións de carácter científico e de especialistas no sector sanitario.

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia