Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Preguntas frecuentes


¿Como chegar á FEGAS?

Pode consultar o enlace para ver o plano de situación.

Como se fai a inscrición nunha actividade de formación?

O profesional interesado en solicitar unha actividade formativa deberá enviar o formulario de preinscrición, debidamente cuberto, exclusivamente a través da páxina web da Escola (www.fegas.es).


Aconséllase conservar copia do formulario de preinscrición enviado, ben imprimindo ou arquivando a contestación que recibirán no seu enderezo de correo electrónico. Para iso é fundamental que os datos do seu enderezo de correo electrónico estean debidamente cumprimentados.


Os traballadores incluídos no artigo 45 da Lei 7/2004, galega para a igualdade de mulleres e homes e na Disposición Adicional 19ª da Lei Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes, deberán enviar, nos mesmos prazos, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite a súa situación, a seguinte dirección postal:


Escola Galega de administración Sanitaria (FEGAS)

Avda. Fernando de Casas Novoa. Edificio CNL, Nº 37 - Portal A 1ª Planta

15707 - Santiago de Compostela (A Coruña)


Isto último é aplicable para as solicitudes do plan AFEDAP no caso de os traballadores e traballadoras que tivesen prestado servizos fora do Sistema Público de Saúde de Galicia.

Cal é o prazo de inscrición?

Establécense dous prazos de inscrición para tódalas actividades de formación da Fegas:
  • Para as edicións das accións formativas do primeiro semestre, o prazo comezará o día 15 de febreiro de 2013 e rematará o día 28 de febreiro de 2013.
  • Para as edicións das accións formativas do segundo semestre, o prazo comezará o día 3 de xuño de 2013 e rematará o día 16 de xuño de 2013.

Como sei se estou admitido na actividade solicitada?

As listaxes de admitidos serán publicadas na páxina web da Escola, dentro do curso correspondente, con 15 días naturais de antelación ao seu inicio.


Os profesionais interesados disporán de 10 días hábiles para subsanar erros ou facer as reclamacións que estimen pertinentes, remintindoas á Escola a partir do día seguinte ao da súa publicación.


Rematado o prazo e vistas as alegacións presentadas, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos na páxina web da Escola.

Renuncia e penalización

No caso de que un ou unha profesional seleccionado para a realización dunha actividade formativa decide non asistir a ela, deberá comunicar a súa renuncia -exclusivamente a través da páxina web da Escola- con, como mínimo, 4 días naturais de antelación á data de inicio. De non facelo así, e salvo causa xustificada que será valorada pola Escola, non será admitido en ningunha outra acción formativa no transcurso dos 12 meses seguintes ao coñecemento desa circunstancia.

Como se obtén o certificado?

Para a obtención do certificado de asistencia ou superación as actividades formativas é necesario acreditar ? asinando nos controis de entrada e saída- a asistencia como mínimo ao 90% das horas lectivas e superar, naqueles cursos que o esixan, a realización dalgunha proba ou traballo.


Só se atenderán reclamacións para a emisión do certificado ata 12 meses despois de finalizado o curso.

Son gratuítos os cursos?

En xeral, os cursos que oferta a Escola son gratuítos, pero no caso de que para unha actividade se esixa o aboamento dunha cantidade en concepto de cota de inscrición, informarase debidamente sobre a forma e prazo para realizar o pagamento da correspondente matrícula.

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia