Estrutura e funcións
A Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia (avalia-t) é unha unidade administrativa dependente da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, de acordo co Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, (DOG núm. 46 de 6 de marzo de 2013).
Dende a súa creación no ano 1999, avalia-t é a unidade responsable de avaliar a información científica dispoñible sobre a eficacia, efectividade, seguridade e eficiencia das tecnoloxías sanitarias e valorar o seu impacto sanitario, organizativo, económico e social.
Estrutura funcional
Funcións
- Seleccionar as tecnoloxías sanitarias, novas ou en uso, susceptibles de avaliación, pola súa repercusión.
- Deseñar estudios específicos de investigación en avaliación de tecnoloxías.
- Promover a investigación especificamente dirixida a obter a información necesaria para a avaliación de tecnoloxías fomentando a colaboración entre as universidades, os centros, unidades de investigación, as empresas e outras institucións.
- Analizar e revisar a información científica relacionada coa avaliación das tecnoloxías sanitarias e a súa difusión entre os profesionais e os servizos sanitarios.
- Analizar a difusión e os patróns de utilización das tecnoloxías médicas de maior impacto, en termos de saúde ou económicos, no sistema sanitario, principalmente en relación coa súa accesibilidade, demanda potencial e utilización apropiada.
- Promover a utilización apropiada das tecnoloxías médicas mediante deseño, elaboración e difusión de guías de práctica clínica, recomendacións e participación na aplicación das tecnoloxías sanitarias, nos distintos enfoques: prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación.
- Colaborar e participar asesorando na creación e desenvolvemento de programas de avaliación de tecnoloxías sanitarias, nos diferentes niveis de decisión.
- Recomendar o desenvolvemento de sistemas de información dirixidos a obter a documentación necesaria para a avaliación de tecnoloxías.
Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias de Galicia
Edificio Administrativo San Lázaro · 15781 Santiago de Compostela
Telf.: 881 541 831 · Fax: 881 542 854 · e–mail: avalia-t@sergas.es · http://avalia-t.sergas.es