Traballando xuntos para a prevención de riscos
Esta campaña de información e sensibilización en prevención de riscos laborais que se inicia o día 28 de abril de 2012, coincidindo co Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo baixo o lema "TRABALLANDO XUNTOS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS" reflexa a necesidade de unir os esforzos de todos os actores implicados nesta materia e impulsar a prevención dos riscos laborais na nosa organización.
O lema
O lema escollido ("TRABALLANDO XUNTOS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS") coincide co lema da campaña deste ano coordinada pola Axencia Europea para a Seguridade e Saude no Traballo (EU-OSHA) e basease no principio de que a prevención consiste en xestionar os riscos laborais co obxectivo final de reducir (ou eliminar) o numero de danos á saúde derivados do traballo... e os riscos os xestionan persoas que traballan xuntas...
Obxectivos da campaña
- Promover que profesionais e equipos directivos traballen xuntos para previr os riscos.
- Fomentar a participación e colaboración dos profesionais e os seus representantes na xestión dos riscos laborais.
- Promover e afianzar a cultura preventiva no Servizo Galego de Saúde.
- Fomentar a incorporación da xestión da prevención de riscos laborais nas políticas de responsabilidade social da organización.
Data de inicio da campaña
28 de abril 2012 (Día Mundial da Seguridade e Saúde)
Duración da campaña
De abril de 2012 ata abril de 2013.
Información de interese sobre a prevención de riscos laborais