Xunta de Galicia. Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Introdución


O Decreto 177/2000, do 22 de xuño, polo que se regula a creación e autorización dos comités de ética asistencial, dispón na disposición adicional primeira que por orde da Consellería de Sanidade se regulará a creación, composición e funcións da Comisión Galega de Bioética, que terá como ámbito xeográfico e institucional de actuación a Comunidade Autónoma de Galicia, e que actuará como órgano asesor da consellería nesta materia.
Mediante a Orde da Conselleria de Sanidade do 13 de febreiro de 2001 ( modificada pola Orde do 13 de xullo de 2006) crease a Comisión Galega de Bioética como un órgano colexiado de carácter permanente e consultivo, dependente da Consellería de Sanidade, adscrito á Dirección de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Consellería de Sanidade · Servizo Galego de Saúde

Xunta de Galicia