Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos de Galicia
O 28 de decembro de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia a lei 12/2010 do 22 de decembro de racionalización do gasto na prestación farmacéutica da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se pon en marcha o catálogo priorizado de produtos farmacéuticos de Galicia. O Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos de Galicia permite mellorar a eficiencia do gasto farmacéutico do Servizo Galego de Saúde, sen afectar ao coidado clínico dos cidadáns e supón un importante aforro de custos, que redundará en beneficios noutros servizos asistenciais.